Wednesday 01 de May de 2024

O venres 10 de novembro inaugúrase na Casa Charry a mostra de arte e artesanía INTERLUDIO


Desde o 10 ata o 24 de novembro a Casa Charry acollerá a mostra de arte e artesanía de Vilacide e Rafa Ordóñez denominada Interludio.

No ámbito teatral , un interludio é un breve espectáculo que se presenta entreactos. Este pode incluír música, sketches cómicos ou calquera outra forma de entretemento para manter ao público ocupado.

Pode considerarse interludio un momento no que poder relaxarse, un período de transición entre dúas etapas diferentes e incluso unha oportunidade de reflexionar antes de avanzar cara algo novo.

INTERLUDIO é unha mostra de arte e artesanía local, unha colaboración interxeracional onde as cousas están feitas a lume lento e con moito agarimo.

A mostra inaugurarase o día 10 de novembro ás 19:30h na Casa Charry e poderase gozar da mesma de luns a venres de 19:30 a 21:30 horas.